O día 25 de Novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller para denunciar a desigualdade .a discriminación e todo tipo de violencia machista que se exerce contra milleiros de mulleres en todo o mundo.
En Decembro de 1999 a Asamblea Xeral das Nacions Unidas decidiu elexir este día para honrar a memoria de 3 activistas da República Dominicana, as irmás
Mirabal que foron brutalmente asasinadas por orde do ditador Rafael Leónidas
Trujillo en 1960.
Minerva, Patria e María Teresa Mirabal eran tres irmás coñecidas como “As
bolboretas”. As 3 estudaran na universidade, estaban casadas e tiñan fillos e foron grandes defensoras dos dereitos humanos no seu país.
Nos imos cantar duas cancións para conmemorar o día :
IGUALDADE É A PALABRA, NON IMPORTA NON ESCOITALA CANDO EXISTA DE VERDADE
O FÚTBOL ´É DE NENOS , A QUEN VAS A ENGANAR NON ABRAS AS PERNAS NON DIGAS PALABRAS QUE NUNHA MOZA SOAN FATAL PONTE VESTIDOS APRENDE A CAMIÑAR SÉ MÁIS DELICADA QUE SE TE DESCOIDAS XAMAIS VAS CASAR
LIBERDADE DE REUNIRNOS, DE VESTIR, DE DIVERTIRNOS, DE SABER QUE NON NOS MATARÁN É BERRAR POLAS CALADAS AS QUE AINDA NON TEÑEN ÁS, AS QUE XA NON VOARÁN É LOITAR POLO QUE É NOSO, NON SEÑOR NON ESTÁ FEITO QUEDA MOITO POR LOGRAR IGUALDADE É A PALABRA , NON IMPORTA NON ESCOITALA CANDO EXISTA DE VERDADE
POR QUE COBRO DISTINTO SE EU TRABALLO IGUAL POR QUE COSTA O DOBLE SE FACENDO O MESMO SEMPRE ME TOCA DEMOSTRAR MÁIS BÉRRANME DUN COCHE, ASÚSTANME AO PASAR POIS FILLA QUE BORDE QUE SE CHE DIN GUAPA POIS DE ISO XA NON TE PODES QUEIXAR
ESTRIBILLO
A MATERNIDADE TEITO DE CRISTAL OS CHISTES SEN MALDADE A MULLER A FREGAR BASTA XA DE DEIXALO PASAR