martes, 12 de mayo de 2020

DE COR ESPERANZA , Actividades para 1º,,2º ,3º, 4º, 5º, e 6º

Ola meus queridos nenos e nenas !! Hoxe imos a traballar o valor da esperanza . Coa Resurrección de Xesús aprendemos a mirar a vida con esperanza , Xesús enche de cor a nosa vida .Unha persoa esperanzada está convencida de que as súas ilusións e soños se cumprirán . Confía tamen en que os problemas que ten vanse solucionar para que todo volva á calma . Isto é o que facemos nós niste momento tan especial que estamos a vivir , temos esperanza que todo sairá ben si o facemos entre todos , colaborando no que poidamos , axudando e sempre con moito ánimo e cun sorriso .
Eu fixen este vídeo especialmente  para vos coa  canción " De cor espernaza " de Diego Torres interpretada por unha cantante galega que se chama Maret e puxen fotos sacadas por min  , espero que vos guste:


Tamén vos vou deixar a letra para que a poidades aprender ;

 SEI QUE HAI NOS TEUS OLLOS CON TAN SO MIRAR
QUE ESTÁS MOI CANSO DE ANDAR E DE ANDAR
E CAMIÑAR XIRANDO SEMPRE NO TEU LUGAR
SEI QUE AS XANELAS SE PODEN ABRIR
CAMBIAR O AIRE DEPENDE DE TI
HAI QUE AXUDAR , VALE A PENA UNHA VEZ MÁIS

SABER QUE SE PODE
QUERER QUE SE PODA
QUITARSE OS MEDOS
SACALOS A FORA
PINTARSE A CARA DE COR ESPERANZA
TENTAR Ó FUTURO CO TEU CORAZÓN

E MELLOR PERDERSE QUE NUNCA EMBARCAR
MELLOR TENTARSE A DEIXAR DE INTENTAR
COMO XA VES QUE NON E FÁCIL EMPEZAR
SEI QUE O IMPOSIBLE SE PODE LOGRAR
QUE A TRISTURA ALGÚN DÍA SE IRÁ
ASÍ SERÁ  A VIDA CAMBIA E CAMBIARÁ
Sentirás que a alma voa
Por cantar una vez mais

Saber que se pode ….

Vale máis poder brilar
que tan só buscar velo sol

 pintarse…       

Actividades:
Para todos e todas

1- UNHA PERSOA FELIZ CONTAXIA A SÚA LEDICIA E ESPERANZA AOS DEMÁIS  . É ALGO QUE SE FAI NOTAR NA CARA .IDES FACER  UN DEBUXO OCUPANDO  TODO  O FOLIO DA VOSA CARA E PINTÁDEA DE COR ESPERANZA ( CADAQUEN COMO LLE GUSTE ) . ESTES DIBUXOS OS MANDADES AO CORREO QUE XA VOS DIN litaveigue@gmail.com  CO NOME E O CURSO BEN CLARIÑOS    PARA FACER UN VIDEO CON ELES . Recordade que eu vou anotando quen me manda as actividades.

2-Podedes inventar unha coreografía para a canción

Para 1º e 2º 

1. Podedes facer un ou varios catalexos para poder ver a vida de cores  Necesitaredes un tubo de papel, papel de celofán . tesoiras e pegamento .
Recortades un pedaciño de papel transparente da cor  que máis vos guste e pegádelo cerrando un extremo do tubo . Decorades o tubo ben bonitiño e tamén podedes poñerlle unha cinta para colgalo como se fora un colar :

                                       


                                       
                                         

    2- Copiades nun folio  o estribillo da canción con diferentes cores e adornádelo con debuxos : 


 SABER QUE SE PODE
QUERER QUE SE PODA
QUITARSE OS MEDOS
SACALOS A FORA
PINTARSE A CARA DE COR ESPERANZA
TENTAR Ó FUTURO CO TEU CORAZÓN     


PARA 3º E 4º:

1- Lede con atención esta historia :

                                            UNHA HISTORIA DE ESPERANZA 
O sol desapareceu por completo do ceo. Empezou a chover con tanta forza, con tanta forza choveu, que fixo que na Terra reinase un verdadeiro caos .

Pero houbo algo que sobreviviu a tanta desgraza e calamidade: a esperanza.

A esperanza foi a única que non se deixou vencer pola desolación, e empezou a buscar o xeito de saír de alí con vida.

Díxolles ás persoas que se agarrasen a taboleiros e ramas das árbores e berroulles animándoas, para que sacasen as forzas que xa non tiñan.

- ¡Aquí, vinde aquí! - motivaba e indicaba levándoas aos lugares máis seguros.

No medio da tristeza e a desolación, a esperanza chamou á solidariedade, que coidou dos nenos perdidos, anciáns e animais desvalidos.

Máis adiante, apareceu a experiencia e, como non era a primeira vez que vivía algo tan duro, soubo indicar a todos o que debían facer, e onde debían dirixirse para poñerse a salvo.

Aos poucos, a solidariedade e a experiencia foron vencendo ao caos e a desolación, e aínda que todos estaban moi tristes, lograron albiscar un raio de sol grazas á esperanza.
         

Agora contestades a estas preguntiñas :

a) ¿Que pasou coa Terra ?


b)¿Quen sobreviviu e empezou a axudar ás persoas ?


c) ¿Con que amigos contou para conseguir salvar á xente ?


d)¿ Como se salvou a xente do caos ?


e) ¿Que aprendiches deste conto ?


Para 5º e 6º:

En nome da  Igrexa católica moita xente está a traballar para levar esperanza a moitas persoas necesitadas .
a) O PAI ANXO é un deles . Investiga un pouco quen é ese home e o que fai  e escribeo nun folio.
b)Tamén os MISIONEIROS  levan esperanza ala onde fai moita falla . Investiga  e fai un pequeno resumo de quen son e do que fan .
c)E por último podedes buscar información  sobre estas tres organizacións da Igrexa , esperanza para moita xente  :
A) CÁRITAS ,
B) MANS UNIDAS
c) XUSTIZA E PAZ
 Fai un pequeno resumo de cada unha


Deixovos tamén un corto sobre a esperanza :

                                     
 Bueno , meus queridos nenos e nenas , mándovos un bico moi, moi forte !!                               

2 comentarios:

  1. Hola Lita, soy Noa Edreira.
    Me encanto el corto, ya lo había visto.
    Un beso.

    ResponderEliminar
  2. Muchas gracias Noa !! Un beso grande

    ResponderEliminar